Saturday 18 de May de 2024

Feijóo valora a vontade da mocidade descendente de emigrantes galegos por implicarse e dar continuidade á galeguidade en Uruguai


Destaca e agradece o feito de que queiran seguir unidos a Galicia e a España, de que dentro dos seus obxectivos estea o de manter os vínculos con Galicia e, en consecuencia, obter maior responsabilidade na dirección dos centros galegos, dos centros da emigración

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, valorou a vontade dos mocidade descendente de emigrantes galegos por implicarse e dar continuidade á galeguidade en Uruguai.

Logo dun acto homenaxe da Federación de Institucións Españolas do Uruguai, onde tivo ocasión de saudar tamén aos presidentes de centros galegos no país, así como a numerosos mozos de orixe galega que, como participantes do programa Conecta con Galicia 2015, recibiron as súas compostelas; Feijóo destacou e agradeceu o feito de que queiran seguir unidos a Galicia e a España, de que dentro dos seus obxectivos estea o de manter os vínculos con Galicia e, en consecuencia, obter maior responsabilidade na dirección dos centros galegos, dos centros da emigración.

O titular da Xunta continuará coa súa visita a Uruguai mañá luns, día en que manterá un encontro na Cámara Oficial Española de Comercio de Uruguai, onde estarán os principais empresarios españois no país. E, posteriormente manterá tamén unha reunión co intendente da cidade de Montevideo, Daniel Martínez.

Xa pola na tarde do luns, o responsable do Goberno galego terá ocasión de reunirse co presidente da República Oriental de Uruguai, Tabaré Vázquez.